A segueta é como unha prolongación das mans para un ourive, o proceso de cortar o metal con ela chamáselle calado, unha ferramenta fundamental dos procesos de creacción, neste caso da técnica da filigrana compostelán.
Lembro cando meu pai nos mercou un banco de traballo dividido en tres partes , para ensinarnos o oficio cando tiñamos 7 ou 8 anos, unha das cousas que mellor faciamos era romper pelos, que se chama a serriña que cala os metáis.
Na técnica da filigrana cando rematas co segueteado, xa ves o resultado do traballo podes visualizar a peza rematada, as formas atopan o movimento ansiado, xa só queda repasar, lixar, pulir…o traballo mecánico…xa queda menos para ver o resultado final.