Menu

martes, 22 de enero de 2013

Traballo de fondo, na ourivería.

Tras unha peza rematada de ourivería compostelana existe moito traballo de fondo; dende a fundición do metal, a preparación da chapa e o arame, darlle forma ao arame para convertilo en filigrana, facer as batas que van a rodear o acibeche e coráis, as boliñas de prata, preparación do deseño, todo dun xeito artesanal...e isto antes de comezar!.......logo de todo este traballiño con boa música e moito agarimo, a peza comeza a danzar xunto as mans....procesos..

Susi Gesto.